sábado, 9 de julio de 2016

SANTI PICOS

XUSTIZA POÉTICA:
VISIÓNS ONÍRICAS DE SANTI PICOS

GALERÍA GARABATO DE CARBALLO


Mon Lendoiro e Santi Picos

Penso que coa asistencia a inauguración da Exposición individual de Santi Picos na Calería Garabato de Carballo cometín un acto de dobre xustiza poética.

Por unha parte co dono e director da Galería, Mon Lendoiro, por ser un dos militantes en pro das artes e da cultura mais destacados de Carballo. Un artista que non se arreda ante tantos inconvenientes e incomprensións que rodean o mundo das empresas culturais.

E por outra parte con Santi Picos, un dos membros do Colectivo Crea Formas que mais e mellor proxección de futuro amosa. Pintor e ilustrador, ten esa inxenuidade crítica, nada contemplativa, que imprime personalidade e estilo. É lector declarado de Lovecraft e Cioran e admirador de Daly e Durero, autores e pintores que inflúen na súa vertente artística surrealista e introspectiva.

Esta exposición é un exemplo do bo traballo que Santi está a realizar, cunha técnica que busca o perfeccionismo sen abandonar esa frescura que teñen os artistas mozos. Sen dúbida ten un camiño por diante que nos dará moitas e agradables sorpresas.


SANTIAGO PAZOS



PEQUENA MOSTRA DE OBRAS












E boa mostra das inquedanzas de Santi Picos é este texto seu que acompaña a tarxeta publicitaria da exposición.





FOTOGALERÍA